Sunday 19 de May de 2024

O Concello da Pobra convoca unha nova asemblea veciñal polo proxecto de ampliación de Escurís S.L.


A corporación Jealsa formulou unha solicitude de declaración de interese autonómico para o proxecto de ampliación de Escurís SL. para así crear solo industrial na contorna da Baiuca que resolva as súas necesidades empresariais. As concellarías do Urbanismo e do Medio Ambiente convocaron no mes de abril unha asemblea veciñal para informar da repercusión urbanística e medioambiental desta iniciativa.

Agora convócase unha nova reunión, desta vez, para informar á veciñanza do informe emitido polo Concello da Pobra do Caramiñal atendendo á normativa e todas as cuestións técnicas segundo apunta o edil Xosé Lois Piñeiro.

Esta nova xuntanza terá lugar no mércores, 8 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

No ámbito autonómico, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU) emitiron os seus respectivos informes favorables á petición do grupo empresarial.

Deja un comentario